Mestura de Nete dedicará o festival solidario do sábado á Fundación Diego González Rivas

TerraChaXa
Ademais, as persoas que queiran colaborar poden participar na rifa solidaria por tan só 1 euro, coa posibilidade de gañar uns zocos de home, uns zocos de muller, un baleirapetos ou uns calcetíns
festival-beneficio-mestura-de-nete
14 May 2026

O auditorio de Vilalba acollerá o VII Festival Benéfico de Mestura de Nete este sábado 16 de maio, ás 20:30 horas, cun claro obxectivo solidario: axudar á Fundación Diego González Rivas. O evento está organizado pola asociación veciñal de Nete e a Asociación Cultural Mestura de Nete, e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Vilalba e outras entidades locais.

O prezo da entrada será de 5 euros e o importe recadado destinarase integramente a fundación. As entradas xa se poden mercar en varios puntos: en Nete, aos membros da AA.VV.; en Vilalba, na Casa da Cultura, Foto Puriños, Foto Amador, As Nubes Moda, Neumáticos Fernando e Seguros Loli Dorado, e en Lugo, nas Máquinas de Coser Eladio Bello.

Ademais, as persoas que queiran colaborar poden participar na rifa solidaria por tan só 1 euro, coa posibilidade de gañar uns zocos marróns de home, uns zocos vermellos de muller, tres baleirapetos ou 8 pares de calcetíns, todo doado pola firma Eferro para este evento.

A organización agradece profundamente a solidariedade e xenerosidade de todas as persoas que participan e colaboran neste acto benéfico.

0.12896585464478