Migallas Teatro actúa este sábado na casa museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
Este sábado Bea Campos, contadora e actriz, levará a cabo unha sesión de contacontos na Casa-Museo Manuel María Contos nas orellas.
migallas teatro casa museo manuel maria portada
migallas teatro casa museo manuel maria portada
1 Mar 2023

Este sábado, día 4 de marzo, Bea Campos, contadora e actriz, levará a cabo unha sesión de contacontos na Casa-Museo Manuel María que leva por título Contos nas orellas.

Contos de risa, trasnos e meniñas aventureiras… A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo nas ondas do maxín, as persoas que asistan entrarán no mundo da fantasía e da imaxinación.

Contos nas orellas é unha sesión de contos con música para todos os públicos (a partir de 3 anos en diante) onde nenas, nenos e maiores poderán gozar, durante corenta e cinco minutos, das historias e de divertidas cancións.

Bea Campos é actriz, narradora e presentadora. Desde moi nova comezou a contar contas, realizando centos de actuacións. Na actualidade fai parte da compañía Migallas Teatro con diferentes espectáculos para públicos de distintas idades. É formadora no ámbito da expresión dramática, da narración oral e da literatura infantil.

As persoas interesadas en asistiren, poden reservar a súa entrada en contacto@casamuseomanuelmaria.gal. O prezo do billete é de 2 euros.

migallas teatro casa museo manuel maria
0.19219207763672