Miguel Alvariño firma un novo récord de España

TerraChaXa
O seteiro pontés Miguel Alvariño deu unha nova alegría a esta disciplina deportiva tras conseguir levarse un novo récordo de España durante a celebración do campionato Galego.
23 dic 2022

O seteiro pontés Miguel Alvariño deu unha nova alegría a esta disciplina deportiva tras conseguir levarse un novo récordo de España durante a celebración do campionato Galego.

Así, Alvariño logrou sumar 593 puntos dos 600 posibles nes rolda. Non é a primeira vez que o seteiro das Pontes logra superar as marcas, xa que o fixo en tres ocasións este ano, a primeira no mes de febreiro no clasificatorio para o equipo nacional e volveu facelo no Campionato de Europa en Munich, no equipo formado co tamén pontés Dani Castro, e con Leyre Fernández no mixto.

Alvariño pechou unha tempada de volta á competición trala pandemia espectacular, malia que tiña perdido por cuestións burocráticas o dereito a participar nas olimpíadas. Este ano resarciuse de todas situacións encadeando éxitos.