Miles de persoas visitan a primeira Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá de Interese Turístico

TerraChaXa | LugoXa
A celebración da XXIX Feira do Queixo e Pan de Ousá, en Friol, foi un éxito, con miles de persoas e os produtos á venda esgotados.
feira do queixo e pan de ousa friol 202315
27 Mar 2023

A celebración da XXIX Feira do Queixo e Pan de Ousá, no concello de Friol, foi un novo éxito, con miles de persoas e os produtos á venda practicamente esgotados. Destacaba o feito de que esta é a primeira na que ten o título de Festa de Interese Turístico Galego, o que lle supuxo unha axuda de 3.000 euros.

No encontro deste ano participaron centos de persoas que puideron degustar algunha das mostras gratuítas ofertadas por preto de 90 queixerías e cinco panaderías da zona. En total vendéronse arredor de 15.000 queixos e máis de 5.000 panes, superando as cifras do ano pasado.

A feira foi inaugurada pola queixeira friolense da parroquia de Condes Josefa Baamonde e pola vicepresidenta do Parlamento Elena Candia.

O eixo principal da feira volveu situarse como en anos anteriores na praza Andón Cebreiro para a exposición de produtos. Ao redor da carpa situáronse outros postos de venta dos diferentes produtos agroalimentarios do municipio e tamén produtos artesanais e do téxtil.

A programación da xornada completouse con concertos e actividades para todas as idades malia que a compra do queixo e o pan e a súa promoción foi o eixo principal da xornada. A música de París de Noia completou o programa.

0.069000005722046