Miraz, en Friol, celebra as súas patronais a última fin de semana deste mes
LugoXa | TerraChaXa
Serán a orquestra Salsarena, dúo Eclipse e M-3 Show as encargadas de amenizar a festividade
26 Xul 2024
A parroquia de Miraz estará de festas a fin de semana o 27 e 28 de xullo na honra á Virxe do Carme e Santiago Apóstol.
A xornada festiva dará comezo o sábado ás 13.30 horas coa misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Salsarena que, ademais será a encargada de amenizar a gran verbena da noite xunto ao dúo Eclipse.
O domingo, a sesión relixiosa será á mesma hora, con misa e procesión; seguida dunha sesión vermú e verbena de fin de festa, amenizada por M-3 Show.