Mitos nutricionais
Por Noel López Pinín
Hola de novo lectores, espero que o artigo anterior fose do voso agrado, hoxe vamos a tratar un tema sin duda moi interesante, falaremos un pouco sobre os mitos nutricionais
Son múltiples os mitos nutricionais que nos podemos atopar día a día falando cos nosos amigos , familiares ou inluso en boca de profesionáis da saúde non reciclados con coñecementos nutricionais totalmente obsoletos, pois ben, hoxe vamos a falar acerca de estos temas pero con información contrastada e actualizada.
Vamos empezar co mito de que comer máis de 2-3 ovos a semana é malo para o colesterol, efectivamente a xema do ovo é rica en colesterol pero tamén en vitaminas liposolubles como a vitamina A y E , é o alimento que nos proporciona a proteína de maior calidade, aporta omega 3 e 6 e tamén una boa relación entre grasas saturadas e poliinsaturadas co cal lexos de actuar negativamente a nivel cardiovascular podemos decir que ten máis beneficios que contraindicacións, actualmente sabemos que o colesterol da xema do ovo ten baixa biodisponibilidade, é decir, o noso corpo non asimila o 100% co colesterol que nos proporciona por 100gr de xema. A inxesta de colesterol que se recomenda tomar na dieta ronda os 300mg , un ovo mediano aporta aprox 200mg de colesterol do cal o noso organismo absorbe no intestino aprox o 15% é decir uns 60mg de colesterol co cal ainda teríamos 240mg de marxe para non sobrepasar o límite diario.
Diversos estudios comprobaron que a inxesta de 1 ovo diario ten multiples beneficio para a saúde e tamén para a saúde cardiovascular.
Agora é o turno dos alimentos light, na miña opinión iso é un “quero e non podo”, a maioría de estos alimentos son máis baixos en calorías e azucre é certo, pero que sexan baixos en calorías non significa que sexan saudables.
Vamos citar varios exemplos, un refrescos sin azucre non é sano para o noso organismo, temos que pensar que ese sabor doce ao non levar azucre lógrase a base de aditivos químicos como potenciadores de sabor, estabilizantes etc , todos esos aditivos inflaman o noso organismo dende o fígado pasando por articulacións , texido muscular e incluso destrucción da microbiota intestina (flora intestinal) , un refresco con azucre é malo e vai supor maior impacto a nivel glucémico en sange que un refresco sin azucre ,pero tanto uns como outros non son boas opcións.
No tema da leite por exemplo eu sempre recomendo leite e lácteos enteiros xa que son alimentos con maior valor nutritivo, por exemplo una leite enteira nos proporciona vitaminas liposolubles (vitaminas que se atopan en alimentos con graxa) que una leite descremada non aporta, graxas liposolubes como a vitamina D (moi importante no norte de España) , vitamina A e E
Edulcorantes artificiales como a sacarina, aspartamo , cliclamato etc tampouco son opcións saudables, son edulcorantes sin azucre e sin impacto negativo a nivel glucémico pero son nocivos para a nosa saude, debemos edulcorar con edulcorantes naturais como a canela, dátiles , unha stevia pero de calidade non química ou ben recurrir a edulcorantes como a mel ou a azucre de panela, pero ollo , tanto a mel como a panela non deixan de conter azucre co cal deberemos limitar o seu consumo a 2 cucharillas por día como máximo.
En canto a siropes de chocolate sin azucre, fariñas de avena sabor oreo pero sin azucre e un sinfín máis de alimentos que hoxe en día a industria alimentaria nos proporciona non debemos de caer en ese erro, debemos de pensar o seguinte, ¿como un alimento sabe tan doce sin levar nada de azucre? Pois é fácil, eso consíguese a base de incluir unha gran cantidade de aditivos químicos que nos aportan ese sabor sin sumar calorías, pero tedes que ser conscientes de que estos aditivos así como esos productos deben estar vetados na nosa alimentación.
O meu consello é que comades alimentos de calidade , comida de sempre, comida sin envasar e sin procesar, debemos de reeducarnos tanto a nivel nutricional como reeducar o noso paladar, o que hoxe parece imposible dentro de uns meses será unha realidade, debemos gañar a batalla ao azucre e graxas hidroxenadas.