Modesto Renda escoitará aos veciños de Cidade de Viveiro este xoves

TerraChaXa
Os convocados poderán aclarar tamén dúbidas tamén sobre a renumeración da rúa
modesto-renda-diante-das-obras
Cartel e Silvia Penide
22 Jul 2026

O tenente de alcalde e responsable de Mobilidade, Modesto Renda, continúa co seu programa para percorrer as distintas rúas do casco urbano. O obxectivo é reunirse coa veciñanza “rúa por rúa”, expoñer o diñeiro co que conta o Concello e que sexan os propios veciños/as os que decidan as prioridades.

A seguinte das xuntanzas terá lugar este xoves día 23 de xullo na casa da cultura (20:00 horas) e os convocados son os veciños/as residentes na Cidade de Viveiro, que poderán aclarar dúbidas tamén sobre a renumeración da rúa.

Trátase dunha iniciativa pioneira que, tal e como explicou, “vén dada polo elevado número de solicitudes veciñais en materia de mobilidade urbana e polo grande interese que percibiu nos últimos meses por parte da veciñanza do casco urbano de que se puidera poñer en marcha na vila o mesmo sistema empregado por Renda no rural”.

 

0.13035607337952