Modesto Renda retoma as reunións coas parroquias en Román

“Escoitar á veciñanza parroquia a parroquia, explicar as actuacións previstas para este ano, expoñer o diñeiro co que conta o Concello e que sexan os veciños/as os decidan as vindeiras”. Así resumiu o vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, o proceso de “escoita permanente” que retoma en Román.
Unha iniciativa pioneira, que camiñará paralela á da continuada execución das máis de 30 obras comprometidas no conxunto do rural vilalbés e que supón o cumprimento dunha das medidas que con máis forza defendeu na pasada campaña electoral: “Queremos gobernar escoitando e o meu obxectivo como responsable de infraestruturas rurais será facer xustiza en materia de investimentos coas parroquias”.
Así, a nova reunión terá lugar este venres, 8 de maio, ás 21.00 horas, na Escola da Román. O obxectivo é explicar e contrastar con eles as últimas e as próximas actuacións do Concello e recoller as demandas e suxestións.