Momán acolle unha xornada sobre saúde dentro do programa Xunt@s

TerraChaXa
O programa Xunt@s chega a Momán, en Xermade.
saude balnerario tratamento
20 Feb 2024

O programa Xunt@s chega a Momán, en Xermade. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que, da man dos municipios da provincia, busca contribuír ao envellecemento activo no rural a través de actividades gratuítas de lecer e formación.

Nesta ocasión será unha charla sobre incontinencia da urina, terá lugar o xoves 22 de febreiro, ás 17.00 horas, na Escola de Momán. O relatorio estará a cargo do doutro Javier Sánchez Rodríguez-Losada, especialista en Uroloxía.

Son xornadas dirixidas a toda a poboación maior de idade.

0.16686105728149