Momán celebra as Festas na honra a San Antón o sábado 13 de xuño

TerraChaXa
Os actos comezarán ás 13:30 horas cunha misa solemne e a continuación, terá lugar a tradicional procesión e a sesión vermú que estará amenizada polo grupo Eureka
festas-en-moman
12 Jun 2026

A parroquia de Momán, no concello de Xermade, prepárase para celebrar as tradicionais festas na honra a San Antón o vindeiro sábado 13 de xuño.

Os actos comezarán ás 13:30 horas cunha misa solemne e a continuación, terá lugar a tradicional procesión e a sesión vermú, que estará amenizada polo grupo Eureka.

Xa pola noite, o campo da festa converterase nun auténtico punto de encontro para veciños e visitantes coa celebración dunha gran verbena a cargo de novo de Eureka, que actarán xunto á artista Aixa Romay.

0.13005495071411