Momán de Xermade celebra o sábado 9 a Festa da Paella

TerraChaXa
O acto central será o xantar ás 14.30 horas no campo da feira, pero haberá música con Marisol e torneo de tute
festa-da-paella-moman-xermade
3 May 2026

A parroquia de Momán, en Xermade, celebra o sábado 9 de maio unha nova edición, a XV, da Festa da Paella.

A sesión dará comezo ás 13.30 horas coa misa solemne na Capela de San Antón pero o acto central será o xantar ás 14.30 horas no campo da feira, no que poderá degustarse, ademais da consabida paella, polbo, churrasco con patacas, viño, refrescos, sobremesa, café e licores.

O xantar ten un prezo de 35 euros aínda que os nenos de entre 6 e 12 anos pagarán 17 euros e os menores desa idade nada. A organización lembra que haberá que reservar mesa para grupos de máis de 6 persoas.

Ademais do xantar, tamén haberá unha competición de tute, sorteo de agasallos e Marisol, en xornada vermú e festa pola tarde, porá a nota musical a unha xornada que organiza a Sociedade Cultural e Recreativa de Momán.

As persoas que desexen anotarse deberán facelo antes do 7 de maio cos membros da comisión ou no bar Bonxu.

0.13080501556396