Momán, en Xermade, organiza o seu primeiro campionato de tute

TerraChaXa
Os gañadores faranse con 600, 400 e 200 puntos máis trofeos
campionato-tute-moman
Cartel
7 Xul 2024

Momán, en Xermade, celebra o seu primeiro campionato de tute. A cita, que ten un prezo de 60 euros por parella con xantar incluído, será o 13 de xullo e o menú estará composto de empanada, paella, viño, refrescos, sobremesa e café.

Os gañadores faranse con 600, 400 e 200 puntos máis trofeos e haberá premios de 80, 60 e 40 puntos máis agasallos, para os tres primeiros do grupo de repesca.

Como máximo a competición xuntará a 48 parellas e os premios adaptaranse en función do número final de participantes. Os interesados en anotarse poden chamar aos teléfonos de Rubén (677 608 167), Josefa (603 618 240), Noé (616 678 869) e Jacobo (652 263 231) antes do 8 de xullo.

0.18651103973389