Momán está de festa este sábado

TerraChaXa
Punto Clave e Dilema amenizarán a sesión vermú e a verbena
festas-moman-portada
Cartel das festas
4 Xuño 2024

A parroquia de Momán, en Xermade, celebra este sábado, 8 de xuño, as festas na honra a San Antón comezando cunha misa cantada ás 13.00 horas polo coro da UNED Sénior de Momán.

Ao oficio relixioso seguirá unha procesión e sesión vermú con Punto Clave. E para rematar, xa pola noite, a mesma orquestra amenizará a verbena xunto a Dilema.

As festas están organizadas pola Sociedade Cultural e Recreativa de Momán.

festas-moman-cartel
0.18428778648376