Momán prepárase para celebrar a súa Festa da Xuventude o día 25

A parroquia de Momán, no concello de Xermade, celebrará o sábado 24 de outubro a súa tradicional Festa da Xuventude na honra á Virxe das Dores, unha das citas máis esperadas do calendario festivo local.
A xornada comezará ás 10.00 horas cunha xuntanza de vehículos clásicos e camións, que reunirán afeccionados chegados de diferentes puntos da comarca. Ás 13.30 horas terá lugar a misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola Disco Móbil Conxuro.
O programa inclúe tamén un xantar popular que ofrecerá mexillóns en salsa, langostinos á prancha, codillo asado con patacas, tarta San Marcos, café e licores. O prezo do menú para adultos será de 35 euros, mentres que o menú infantil, con pizza e milanesa de polo con patacas, custará 16 euros para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, sendo gratuíto para menores de 6. O prazo para anotarse remata o día 20 no restaurante Tino, na ferretería Montse e cos membros da comisión.
Pola tarde, será o Gran campeonato galego de lanzamento de alpaca, haberá animación musical con DJ’s e música dos anos 80 a cargo da Disco Móbil Conxuro.
A festa culminará ás 20.30 horas cunha degustación gratuíta de liscos, chourizo e pan, antes de dar paso á gran verbena nocturna que contará coa actuación dos grupos Assia, Gran Parada e Beatriz, encargados de poñer o broche final a unha xornada chea de música, tradición e bo ambiente.