Monbús reúnese coas acompañantes do transporte escolar de Guitiriz e Baamonde

TerraChaXa
As traballadoras do servizo de acompañantes de Monbús no transporte escolar de Guitiriz e Baamonde reuníronse coa empresa.
acompanantes transporte escolar baamonde guitiriz
29 Maio 2021

A CIG informa que as traballadoras do servizo de acompañantes da empresa XG833 Gómez de Castro SA, Luber SL, Autocares Carreira do grupo Monbús, que realizan o servizo de transporte escolar para o colexio de Guitiriz e Baamonde e Instituto de Guitiriz, "empezan a ser tidas en conta pola empresa". 

A meirande parte das traballadoras afectadas foron convocadas para unha reunión na sede do grupo Monbús e finalmente conseguiron recibir os equipos de protección individual (chalecos e mascarillas) "que tanto tempo levaban a demandar", din. "Este é un paso importante no recoñecemento dos seus dereitos, pero a labor está incompleta", aseguran. 

Indican que onde non se conseguiu avanzar é na regularización da xornada realmente prestada así como no seu rexistro horario, "onde quedou claro que se evidenciaron diferencias considerables que, probablemente terán que ser resoltas polas autoridades laborais, de non atender a empresa á realidade laboral destas traballadoras". 

"Non deixa de ser preocupante as dificultades que presentan, empresas como Monbús, para garantir os dereitos sociais do seu persoal, así como que dende a Xunta de Galiza non se revisen o cumprimento das garantías sociais das súas propias concesións. Mentres as traballadoras continuarán a defender os seus dereitos", conclúen. 

0.15645599365234