Mondoñedo ofrece sesións de realidade virtual e experiencias inmersivas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
30 Aug 2019

Mondoñedo conta con talleres de realidade virtual e de experiencias inmersivas. Estes desenvólvense na Oficina de Turismo, en horario de 12:00 horas pola mañá, e ás 18:00 horas, pola tarde.

Deste xeito, con esta iniciativa, impulsada pola entidade local, preténdese ofrecer máis alternativas lúdicas a veciños e visitantes que durante estes días acoden á cidade mariñá. A alcaldesa, Elena Candia, quen xa supervisou o funcionamento da actividade, anima á participación, pois “é unha boa opción para desfrutar do noso Mondoñedo dunha forma diferente”. 

Os talleres pretenden facer máis doado e accesible a todos as novas tecnoloxías; unha iniciativa, explican a rexedora e o edil de Cultura -Alberto García-, “para loitar contra a brecha dixital, que sempre foi o noso reto”.

 

0.15579414367676