Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro traballan na prevención contra incendios

TerraChaXa | AMariñaXa
Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro beneficiáronse da primeira convocatoria do programa de prevención de lumes O Que Non Arde posto en marcha pola Deputación para contribuír ao mantemento das faixas de protección contra os incendios nos nosos montes.
20 Xan 2021

Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro beneficiáronse da primeira convocatoria do programa de prevención de lumes O Que Non Arde posto en marcha pola Deputación para contribuír ao mantemento das faixas de protección contra os incendios nos nosos montes.

A convocatoria contemplaba dúas liñas de axuda para os concellos que cumpriran a lexislación en materia de prevención: a primeira para a limpeza dos laterais das vías municipais, solicitada polo tres concellos, e a segunda para a repoboación das faixas de xestión de biomasa con árbores autóctonas, demandada só no caso do concello de Ribadeo. O organismo provincial investiu máis de 36.000 euros nestas actuacións.

O obxectivo do plan era servir como apoio aos concellos que están a cumprir coa lexislación en materia de prevención de incendios, conscientes do esforzo económico que isto lles supón, xa que a Xunta de Galiza descargou nos municipios a responsabilidade de actuaren sen achegar ningún medio ou recurso para que poidan facelo.

Os proxectos presentados polos concellos foron estudados por unha comisión técnica, que avaliou tanto a súa calidade técnica como o cumprimento da normativa en materia das obrigas de xestión da biomasa vexetal, prevención e extinción de lumes ou as accións de execución subsidiaria e procedementos sancionadores realizados dende o propio concello.

A Deputación traballa xa na segunda edición do programa O Que Non Arde para poñela en marcha en 2021 con novas liñas de axudas.

Afirman que haberá novidades como o apoio para a promoción de actividades silvopastorís nas comunidades de montes veciñais en man común con gandaría extensiva que contribúan a reducir o risco de lumes pola elevada cantidade de biomasa existente nos nosos montes.

 

0.17732501029968