Morandeira critica ante Arias o peche do colexio de Baamonde e do consultorio de Parga
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, reuníuse hoxe co Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para artellar diversos proxectos de mellora en Guitiriz.
A rexedora pediulle á Xunta de Galicia que se teña en conta as demandas das familias de Pígara ante o posible peche do colexio de Baamonde e destacou que “son os propios pais e nais os que deben ter a potestade de escoller o centro no que queren matricular aos seus fillos e isto non deber ser imposto”.
Entre eles, destacou a inminente trasferencia da estrada autonómica LU-241, que pasará a ser de propiedade municipal. A vía ten 210 metros de lonxitude e coincide integramente coa rúa Rosalía de Castro, polo que discorre na súa totalidade por solo urbano -dende a N-VI ata a intersección coas rúas do Ferrocarril e Xermolos-. A transferencia realízase a instancias do concello, que solicitou o cambio de titularidade.
Á súa vez, Morandeira solicitou a necesidade de artellar un sistema para o Concello reciba información das empresas madeireiras que realizan o seu traballo no Concello de Guitiriz. “É impresindible que teñemos eses datos para detectar e solucionar os desperfectos que ocasionen nas vías municipais”, destacou a rexedora.
CONSULTORIO DE PARGA
A alcaldesa trasladou a reivindicación, por parte do grupo de goberno, de que se retome a actividade total no Consultorio de Parga, tras o peche temporal levado a cabo polo Sergas o pasado ano. Un punto moi demandado pola veciñanza de Guitiriz e que Morandeira quixo trasladar ao Delegado da Xunta.
“Este peche está a provocar nos veciños do Concello, ademáis dos inconvintes que xenera ter que desplazarse, unha merma importante na calidade de vida da poboación que na súa maior parte é xente de idade avanzada”, recalcou a rexedora.
Morandeira trasladou tamén o apoio total do Concello, a todos os veciños e veciñas, na petición ante a Xunta de Galicia da construcción duna nova Escola Infantil no municipio e engadiu que “esta petición está feita ante dita Consellería, dende o mes de xullo do 2019. A pesar do compromiso tanto do Xerente do Consorcio como da Conselleira de darnos unha solución, todavía seguimos esperando”.
Tras a reunión, a alcaldesa de Guitiriz, quixo agradecer “este tipo de reunións xa que son moi necesarias para coordinar e chegar a acordos que beneficien á veciñanza de Guitiriz”.