Morcegos de Galicia identifica seis especies nun estudio elaborado nas Pontes

TerraChaXa
Para a mostraxe acústica instaláronse tres gravadoras de ultrasóns en diferentes puntos da fraga do Lostegal
Morcegos-de-Galicia
Morcego
25 Ago 2024

A asociación Morcegos de Galicia realizou ao longo do mes de xullo diversas accións vinculadas á colaboración con Endesa para a conservación e estudo dos morcegos na contorna das Pontes. Neste sentido levouse a cabo unha mostraxe acústica; a captura e marcaxe de morcegos, onde se identificaron seis especies de morcegos; e a revisión de refuxios. Na realización destas tarefas participaron 15 voluntarios.

Para a mostraxe acústica instaláronse tres gravadoras de ultrasóns en diferentes puntos da fraga do Lostegal, que rexistraron a actividade dos morcegos durante aproximadamente 15 días e que os responsables da asociación Morcegos de Galicia analizarán para os estudos que están a impulsar.

Ademais, instaláronse catro estaciones de captura con redes de néboa os días 15, 16, 17 e 18 de xullo. Nelas capturáronse 16 exemplares de seis especies de morcegos. Tres deles foron marcados cun radiotransmisor: un exemplar de morcegos orejudo dourado (Plecotus auritus) un de morcego de bosque (Barbastella barbastellus) e un de morcego ratonero críptico (Myotis crypticus).

Grazas a isto, localizouse a colonia de cría de P. auritus nun buraco nun carballo onde se contaron 11 adultos.

Os asistentes ao campo de traballo internacional que, organizado pola asociación Néboa, está a realizarse en Vilarbó participaron o día 18 na localización dun dos exemplares radiomarcados.

Aínda que non estaba previsto na planificación orixinal, tamén se revisaron dous refuxios no ámbito da fraga do Lostegal, nos que se atoparon exemplares de 3 especies (Pipistrellus pipistrellus, Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros).

As seguintes accións planeadas no marco desta colaboración son un campamento de estudo de morcegos e 3 noites de morcegos. Estas actividades están previstas para esta última semana de agosto, na que se celebra a noite internacional dos morcegos.

Endesa incorpora a protección da biodiversidade e a mellora e mantemento do capital natural dos ecosistemas naturais que alberga como aspectos prioritarios da súa estratexia empresarial. A acción forma parte do O Plan de Conservación da Biodiversidade de Endesa, que engloba as accións que a empresa implementa maneira completamente voluntaria, excedendo con fartura os requirimentos ambientais obrigatorios.

0.16025805473328