Mosteiro acolle o xoves un obradoiro de marmeladas do GDR3
LugoXa | TerraChaXa
Será na Carballeira a partir das 17.00 horas
15 Oct 2024
O próximo xoves 17 de outubro A Asociación Montes e Vales Orientais GDR3 realizará un novo taller en Pol. Coa idea de manter unha despensa saudable na casa, aprenderase a facer marmeladas caseiras cos excedentes de froita de tempada.
Luz Rossel de Ribeiregas será a encargada de impartir a formación, que se desenvolverá de 17.00 a 21.00 horas no centro cultural da Carballeira de Mosteiro.
É necesaria a inscrición, só hai 20 prazas polo que deben apuntarse canto antes nesta ligazón.
O curso é gratuíto e os que desexen información poden pedila no 622 540 968 ou na web www.montesevalesorientais.gal