Mourence organiza unha ruta en bicicleta de montaña de 22 quilómetros o domingo 25

TerraChaXa
Para participar será obrigatorio levar bicicleta de montaña e casco
btt-bicicleta-recurso
17 Oct 2026

A parroquia de Mourence celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro unha saída en bicicleta de montaña (BTT) polos seus camiños e sendeiros. A actividade, organizada polos Amigos da Bicicleta de Mourence coa colaboración da Asociación de Veciños de Mourence, está aberta a todas as persoas que queiran participar e teñan algo de práctica en bicicleta.

A ruta comezará ás 9.30 horas na casa escola de Mourence, punto no que tamén rematará o percorrido, de 22 quilómetros de distancia. A organización busca ofrecer unha oportunidade para descubrir a contorna da parroquia e gozar dunha mañá de actividade ao aire libre.

A inscrición ten un prezo de tres euros para os socios e de cinco euros para os non socios. O importe inclúe café á saída e pinchos á chegada. As persoas interesadas poden anotarse enviando unha mensaxe por WhatsApp ao número 697 808 547.

Para participar será obrigatorio levar bicicleta de montaña e casco. A organización anima a veciñanza e a todas as persoas afeccionadas ao ciclismo a sumarse a esta iniciativa para percorrer e coñecer os camiños e sendeiros de Mourence.

0.14305686950684