Mourence prepárase para celebrar as festas na honra a San Xulián a fin de semana

A parroquia de Mourence, en Vilalba, vivirá esta fin de semana unha intensa programación festiva na honra a San Xulián, cunha ampla variedade de actividades musicais e gastronómicas que terán lugar esta fin de semana.
As festas comezarán o venres, cunha degustación de pinchos variados a partir das 21:30 horas (con presentación de ticket) e o inicio da verbena ás 23:00 horas, a cargo dos dúos Melismas e Belinda.
O sábado celebrarase a tradicional misa ás 13:30 h, seguida da procesión e sesión vermú coa orquestra Solara. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena, animada novamente pola orquestra Solara e o grupo D’Vicio.
O domingo, a programación relixiosa e festiva repetirase coa misa, procesión e sesión vermú ás 13:30 horas, nesta ocasión amenizada polo dúo La Hora Bruja, poñendo o broche de ouro ás festas.