Mudan o percorrido da San Silvestre Vilalbesa de mañá

TerraChaXa
Mañá sábado, día 31, o Concello de Vilalba organiza a súa VII Carreira-Andaina San Silvestre Vilalbesa 2022 que por razóns organizativas cambia de percorrido.
carreira san silvestre vilalba
carreira san silvestre vilalba
30 dic 2022

Mañá sábado, día 31, o Concello de Vilalba organiza a súa VII Carreira-Andaina San Silvestre Vilalbesa 2022 que por razóns organizativas cambia de percorrido.

As variacións afectan á carreira absoluta, para a cal estaba prevista un trazado de dúas voltas ao mesmo circuíto, pero finalmente será un roteiro único de 1 volta, co seguinte trazado: https://bit.ly/3WwKCMA de 5 quilómetros aproximadamente.

Tamén por razóns organizativas cámbiase o percorrido da andaina, que segue mantendo os 2.500 metros aproximadamente, pero cun trazado alternativo.

O Concello recorda que a Praza da Constitución de Vilalba será o punto de saída e de chegada das carreiras que comezarán ás 16:30 no caso dos máis cativos ata ás 17:30 horas, momento en que lle tocará a quenda ós participantes na proba absoluta e na andaina.

A proba dividirase de novo en seis categorías: pitufos (nados entre o 2017 ao 2019) cun percorrido de 150 metros; sub 7 (2015 a 2016) con 300 metros; sub 10 (2012 a 2014) que completarán 900 m; sub 13 (2009 a 2011) con 1.800 m; absoluta (2008 e anteriores) cunha distancia de 5.250 m; así como a andaina de 2,5 quilómetros.

Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis festivo posible para despedir o ano, tódolos participantes poden asistir disfrazados.

Ao remate da Carreira Absoluta e da Andaina poderase desfrutar dun chocolate con churros.