Mudan os horarios dos centros de interpretación e a biblioteca de Pastoriza

TerraChaXa
Para calquera información ou reservas nestes dous centros para grupos o teléfono de contacto é o 982 332 197
CIN-Bretona-nova-exposicion-decembro-2021-(12)
Unha imaxe do CIN
6 Sep 2026

Esta semana mudaron os horarios nos centros públicos que xestiona o Concello de Pastoriza.

Así o Centro de Interpretación de Bretoña, que ampliou a finais de verán o horario, recupera a atención de luns a venres de 10.00 a 11. 30 horas.

Pola súa banda, o novo Centro de Interpretación do Alto Miño, situado ante a lagoa de Fonmiñá, en Pastoriza, estará aberto para visita libre de luns a venres, de 12. 00 a 14. 00 horas, e os sábados, de 11. 30 a 14. 00 horas.

Despois, para calquera información ou reservas nestes dous centros para grupos o teléfono de contacto é o 982 332 197.

Ademais, a Biblioteca Municipal Ángel Basanta abrirá todas as tardes de luns a venres en horario de 15.30 a 19.30 horas.

 

0.15171384811401