Muimenta acolle a obra de teatro 'Duncan de palleiro'
![72358845_599338067265097_1038210555992604672_n](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2019/10/72358845_599338067265097_1038210555992604672_n-e1570700397263.jpg)
A casa da cultura de Muimenta organiza para o 27 de outubro ás 17.30 horas a II edición do Programa de Teatro Profesional da Provincia de Lugo.
Esta actividade representará a obra teatral infantil Duncan de palleiro, a cargo de Lila Teatro.
A obra trata sobre como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a esa raza mítica, lendaria e con máis prestixio de todas, a de Palleiro.
Duncan leva unha vida sinxela ao carón do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas de sempre, nunha vila pequeniña e fermosa no medio das montañas chamada Óubidos, da cal se sente moi fachendoso.
Duncan ama profundamente aos nenos e ás nenas, e alí onde vai leva consigo unha grande sorpresa que non deixará a ninguén indiferente.