Muimenta acolle este domingo a Romería da Virxe dos Milagres

TerraChaXa
A comida campestre desenvolverase a partir das 15.30 horas baixo carpa
romeria-milagres-muimenta
Cartel da festa
23 May 2026

A localidade de Muimenta acolle este domingo, 24 de maio, unha nova edición da Romería á Virxe dos Milagres, que dará comezo ás 13.30 horas cunha misa solemne, seguida dunha procesión e unha sesión vermú a cargo do dúo Eclipse.

A comida campestre desenvolverase a partir das 15.30 horas baixo carpa con paella, polbo con patacas, costela asada, brazo de xitano, pan, bebida, licores e café a un prezo de 30 euros, gratis para os menores de 10 anos e de 15 euros para os de 7 a 11 anos.

Finalizarán o día cunha verbena a partir das 18.30 horas co mesmo grupo.

0.13885116577148