Muimenta acolle este domingo a Romería da Virxe dos Milagres

TerraChaXa
A comida campestre desenvolverase a partir das 15.30 horas baixo carpa
romeria-dos-milagres-muimenta-portada
Cartel da festa
18 Maio 2024

A localidade de Muimenta acolle este domingo, 19 de maio, unha nova edición da Romería á Virxe dos Milagres, que dará comezo ás 13.30 horas cunha misa solemne, seguida dunha procesión e unha sesión vermú a cargo do trío Banarama.

A comida campestre desenvolverase a partir das 15.30 horas baixo carpa con xamón cocido, paella, carrilleiras en sala con patacas fritas e ensalada, tarta de Santiago, tarta xeada, bebida e café a un prezo de 30 euros, gratis para os menores de 10 anos. Os que desexen participar poden anotarse na pastelería Anllo no telefóno 982 528 045 antes do 15 de maio.

Finalizarán o día cunha verbena a partir das 18.30 horas co mesmo grupo.

romeria-dos-milagres-muimenta
0.18119406700134