Muimenta acolle este domingo a XVIII Festa dos Xogos Tradicionais

TerraChaXa
A xornada contará cun espectáculo sobre narración oral de Inma Soto e Tamara Soto, a música en directo de Leña Verde, un xadrez xigante e un obradoiro de xoguetes sonoros
programa-xotramu-festa-xogos-populares
6 Jun 2026

Este domingo, 7 de xuño, a localidade de Muimenta converterase nun gran punto de encontro para a cultura popular coa celebración da XVIII Festa dos Xogos Tradicionais. A cita, organizada pola asociación Xotramu, terá lugar a partir das 16:00 horas no campo da Igrexa Vella e ofrecerá un amplo programa de actividades para todos os públicos.

A xornada contará cun espectáculo sobre narración oral a cargo de Inma Soto e Tamara Soto, que se completa coa música en directo de Leña Verde, un xadrez xigante e un obradoiro de xoguetes sonoros con Miudiño.

Entre as propostas máis destacadas, haberá aberto de billarda, campionato de tirapedras, lanzamento de boina, campionato de tronzón, obradoiros e múltiples xogos populares que recuperan tradicións do pasado. Tal e como anuncia a organización, “todo será de balde”, co obxectivo de fomentar a participación e o gozo colectivo arredor do patrimonio inmaterial galego.

0.1204400062561