Muimenta acolle unha obra de teatro o próximo sábado

TerraChaXa
A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño organizou unha obra de teatro para o próximo sábado, 14 de outubro, ás 20.
teatro asociacion aquilino iglesia portada
teatro asociacion aquilino iglesia portada
7 Out 2023

A Asociación Aquilino Iglesia Alvariño organizou unha obra de teatro para o próximo sábado, 14 de outubro, ás 20.00 horas na casa da cultura de Muimenta.

Trátase da obra Camping Gas, a cargo do grupo teatrl Os Trocos de Castro de Rei, unha comedia para todos os públicos con entrada de balde.

Un camping nas Rías Baixas en tempada alta. Música, baile, sol e praia. Unha dona con poder. Veraneantes que mesturan amor, desamor, desexo, corrupción e envexas nun cóctel explosivo para refrescar un calor abafante. Don Félix Galván, concelleiro de urbanismo de La Toja, está inmerso nunha operación ilegal que implica a varias concellarías e ao camping por cousas dun amor do pasado.

teatro asociacion aquilino iglesia
0.19985318183899