Muimenta acollerá a Foliada 2026 o sábado con música, baile e exposición

TerraChaXa
Durante o evento, ademais da música e o baile, os asistentes poderán gozar de caldo e filloas
foliada-aberta-muimenta
1 Jun 2026

O campo da Igrexa Vella de Muimenta será o escenario da Foliada 2026, unha celebración da cultura tradicional que terá lugar o sábado 6 de xuño a partir das 18:30 horas organizada polo colectivo Pozomouro en colaboración coa Asociación Aquilino Iglesi aAlvariño.

A xornada comezará coa exposición E ti de quen ves sendo, do CEIP de Muimenta. A festa contará cun variado cartel musical, con actuacións de grupos como Asubiíños, Cantos da Valura, As Charamuzas, Son do Pucheiro e Noxo me dás, ademais dunha foliada aberta que promete estender a festa ata ben entrada a noite.

Durante o evento, ademais da música e o baile, os asistentes poderán gozar de caldo e filloas, nun ambiente festivo e de convivencia.

Esta cita convértese nun punto de encontro para persoas amantes das tradicións galegas, da música popular e da artesanía, ofrecendo unha oportunidade única para festexar e compartir a nosa cultura.

0.11488485336304