Muimenta acollerá un novo Aberto de Tenis desde o sábado

O Aberto de Tenis de Muimenta celebrará este ano unha nova edición, a XXVI, que se desenvolverá do 25 de xullo ao 1 de agosto para colleitar un novo éxito de participantes.
Este torneo, organizado polo Club Tenis Muimenta, disputarase en pistas de cemento, en xornadas de 10 ás 23 horas e haberá diferentes categorías, para federados e non federados, sénior, cadete, veterano e social en versión masculina e feminina ademais de triples mixto.
A inscrición pode facerse hoxe como último día a través deste enlace.