Muimenta acollerá un novo Aberto de tenis

TerraChaXa
Regresa outro clásico do verán, o Aberto de tenis de Muimenta, que se desenvolverá do 30 de xullo ao 6 de agosto, na XXIII edición.
aberto de tenis muimenta portada
aberto de tenis muimenta portada
24 jul 2022

Regresa outro clásico deportivo do verán, o Aberto de tenis de Muimenta, que se desenvolverá do 30 de xullo ao 6 de agosto, na que xa é a XXIII edición.

Xa están abertas as inscricións, que se pecharán o día 28 de xullo. Este torneo disputarase en pistas de cemento, en xornadas de 10 ás 23 horas e haberá diferentes categorías, sénior, cadete, veterano e social en verisón masculina e feminina ademais de dobres social

Cada inscrición ten un custo de 12 euros para a categoría sénior e de 10 para a cadete. Para poder participar é imprescindible que os xogadores teñan a licenza federativa do ano en curso.