Muimenta acollerá unha Foliada o sábado 11

TerraChaXa
Continuando co seu programa de actividades, o campo da Igrexa Vella de Muimenta, acollerá o sábado 11 unha Foliada, que se iniciará ás 19.
foliada aberta muimenta portada
foliada aberta muimenta portada
5 Maio 2024

Continuando co seu programa de actividades, o campo da Igrexa Vella de Muimenta, acollerá o sábado 11 unha Foliada, que se iniciará ás 19.00 horas.

Está organizado por Pozo Mouro e a Asociación Aquilino Iglesia Alvariño e contará entre as actividades cun obradoiro de iniciación á muiñeira ademais de dúas exposicións, Tradición, de Estudo Aldea, e Introspección, de Alberto Paz.

Estarán nesta cita as Pandereteiras de Muimenta, a Charanga 555, Os do Campo e Árdelle o Eixo. Rematarán cunha foliada aberta na que haberá caldo e filloas.

0.18464589118958