Muimenta celebra o 23 a quinta edición da Festa da Xuventude

TerraChaXa
Muimenta acollerá o día 25 de marzo a cuarta edición da Festa da Xuventude que contará con dúas sesións, ao mediodía e á noite.
festa da xuventude muimenta portada
festa da xuventude muimenta portada
17 Mar 2024

A localidade de Muimenta acollerá o día 23 de marzo a quinta edición da Festa da Xuventude que contará con dúas sesións, unha ao mediodía e outra a noite.

Así, a primeira quenda comezará ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo do grupo Jaque. Esta mesma orquestra será a encargada da verbena, á que se sumará Cocomusic, con DJ Casanova e Pedro Bermúdez. Para todos os que o desexen haberá menú especial servido polo restaurante Anllo que terá un prezo e 30 euros para o xantar e de outros 30 para os da cea.

As persoas interesadas en asistir poden facer a súa reserva no 982 528 069.

A organización instalará unha carpa no campo da festa para protexer á veciñanza das inclemencias meteorolóxicas.

0.18509912490845