Muimenta inicia o venres unha nova edición do curso e a escola de verán sobre xogos tradicionais

TerraChaXa
O programa deseñado para esta edición é amplo e variado, ofrecendo aos participantes conferencias, relatorios, mesas redondas e a presentación de comunicacións
escola-de-veran-xogos-tradicionais
7 May 2026

A localidade de Muimenta, en Cospeito, acolle estes días, 8, 9 e 10 de maio, o VII Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico e a II Escola de Verán de Xogos Tradicionais Iberia Ludens.

Baixo o lema Xogo, sustentabilidade e inclusión, estas xornadas pretenden afondar no valor dos xogos de sempre como ferramentas de cohesión social e respecto ambiental.

O programa deseñado para esta edición é amplo e variado, ofrecendo aos participantes conferencias, relatorios, mesas redondas e a presentación de comunicacións, que se complementarán coa práctica directa de xogos tradicionais, visitas guiadas a museos e actuacións musicais.

 

0.12512803077698