Muimenta prepara un campamento de fin de verán para nenos e mozos de 3 a 16 anos

TerraChaXa
As inscricións permanecerán abertas do 23 ao 30 de agosto
campamento-veran-muimenta
24 Aug 2026

Muimenta despedirá o verán cunha proposta de ocio e conciliación dirixida a nenos e mozos de entre 3 e 16 anos. O Campamento Fin de Verán celebrarase do 1 ao 7 de setembro e ofrecerá unha programación variada de actividades pensadas para combinar diversión, convivencia e aprendizaxe.

As xornadas desenvolveranse en horario de 10.00 a 14.00 horas, con opción de madrugadores desde as 8.30 horas e ampliación ata as 15.00 horas para facilitar a conciliación das familias.

O programa inclúe talleres, xogos, música, manualidades, buscas do tesouro e actividades con inchables, entre outras propostas destinadas a diferentes idades.

O prezo do campamento completo en horario de mañá é de 50 euros. As familias que precisen o servizo de madrugadores deberán aboar 15 euros adicionais, mentres que a saída ás 15.00 horas supón un suplemento de 10 euros. Tamén existe a posibilidade de participar en días soltos, cun custo de 15 euros por xornada.

As inscricións permanecerán abertas do 23 ao 30 de agosto e poderán realizarse a través do teléfono 614 533 273. Para solicitar información tamén está dispoñible o correo electrónico gandaina@gandainaeventos.com.

A iniciativa pretende ofrecer unha alternativa de ocio para os máis novos durante os últimos días das vacacións de verán, ao tempo que facilita ás familias a organización da volta á rutina antes do inicio do novo curso escolar.

0.12289905548096