Muimenta únese á campaña da Federación de comercio, que suma ao Mercado de Nadal

TerraChaXa
O Mercado de Nadal de Muimenta dará comezo o vindeiro 1 de decembro e rematará o 5 de xaneiro de 2022. Repartirá 18 vales de 100 euros.
cartel mercado nadal muimenta
21 Dec 2021

A Asociación de Empresarios de Muimenta tamén se participa en Mercando en Lugo, organizado pola Federación de Comercio de Lugo e a Deputación Provincial. Un total de 12 clientes que mercaron en Muimenta, saíron agraciados con tarxetas de 30,00 € cada un deles, nos dous sorteos que, ata o de agora, se celebraron.

Esta acción únese ao Mercado de Nadal de Muimenta, que alcanza a súa décimo terceira edición neste ano 2021, e que deu comezo o mércores 1 de decembro e rematará o mércores 5 de xaneiro do 2022.

Participan un total de 29 negocios, repartíndose un total de 18.000 rifas entre os seus clientes.

Os premios serán 18 vales de 100,00 €. As papeletas gañadoras serán aquelas nas que o número coincida cos tres últimos díxitos do primeiro premio da Lotería de Reis, que terá lugar o vindeiro mércores 6 de xaneiro do 2022.

Os gañadores, terán que informar antes de que remate o sábado 15 de xaneiro. Ditos vales, deben ser consumidos, nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial, nos trintas días posteriores a súa entrega.

Esta iniciativa xurdiu no ano 2009, como unha maneira de fomentar o comercio local incentivando as compras de Nadal nos negocios da parroquia.

Hoxe máis ca nunca, o colectivo empresarial de Muimenta, quere animar a toda a xente a consumir nos negocios e locais da vila, "xa que esta situación que estamos a atravesar, fai precisar, máis que nunca a colaboración de todos, xa que, os nosos veciños e amigos precisan de nós, e nós deles".

 

cartel mercado nadal muimenta
participantes mercado nadal muimenta
0.19386100769043