Mulleres Empresarias de Lugo celebra unha xornada en Cospeito sobre emprendemento

TerraChaXa
Está dirixido principalmente a mulleres emprendedoras e empresarias da zona
xornada-emprendemento-cospeito
14 Out 2024

A Asociación Mulleres Empresarias de Lugo organiza o vindeiro xoves 17 de outubro unha xornada no Concello de Cospeito.

O evento, dirixido principalmente a mulleres emprendedoras e empresarias da zona, comezará ás 11:30 cunha visita ao Manantial de Fontoira para continuar ás 12.30 horas no Museo das Aves.

Seguidamente, levarase a cabo unha mesa redonda sobre sostibilidade coa participación de CocaCola Europacific Partners e un coloquio sobre empresas locais e o impacto nas súas comunidades.

E finalmente, o evento pecharase cun networking e unha conversa libre entre as participantes.

0.18304896354675