Muras abre a inscrición para os campamentos de verán que arrancan o 1 de xullo

TerraChaXa
Están dirixidos a nenos de entre 3 e 16 anos en quendas por quincena
campamento-acampada-veran
Acampada
22 Xuño 2024

O Concello de Muras repite este ano a súa aposta pola conciliación polo que organizará este verán unha vez máis campamentos dirixidos a menores de entre 3 e 16 anos.

Neste campamento traballaranse xogos e dinámicas de distensión e cohesión grupal, dinámicas de intelixencia emocional e habilidades sociais, así como actividades musicais e de expresión corporal. Haberá, polo tanto, obradoiros manuais, actividades de igualdade, xogos e xincanas e xogos predeportivos.

A rapazada só ten que levar roupa e calzado cómodo e unha mochila cunha pequena merenda e auga para o descanso de media mañá.

Os campamentos celebraranse por quincenas entre o 1 de xullo e o 31 de agosto (do 1 ao 12 de xullo, do 15 de xullo ao 2 de agosto, do 5 ao 16 de agosto e do 19 ao 30 de agosto). O horario é de mañá, de 10 a 14 horas.

O prazo de inscrición xa está aberto e pechará o xoves 26 de xuño. Esta pode facerse en sede virtual ou a través do teléfono 982 500 001.

0.18391799926758