Muras acolle a VI Quedada BTT o próximo sábado

TerraChaXa
Terá lugar coincidindo coa Romaxe Artesá da Chaira
quedada-btt-muras
Cartel do evento
19 Maio 2024

O Club Ciclista Terra Chá continúa coa celebración da Quedada BTT de Muras, que se celebra na súa VI edición e que terá lugar este sábado 25, coincidindo coa Romaxe Artesá da Chaira.

Trátase dunha proba que constará de 30 quilómetros con 900 metros de desnivel positivo.

O percorrido realizarase pola contorna e hai un máximo de 50 prazas para esta actividade. Os interesados en anotarse deben facelo o antes posible. Ten un prezo de 10 euros, que subirá a 23 para aqueles que queiran participar no xantar. O acompañante que desexe sumarse á comida pode facelo por 18 euros.

As inscricións deben facerse na web ccnorte.com. Haberá avituallamento e duchas despois da ruta.

0.12232398986816