Muras acolle un curso de madeira desde outubro ata o ano que vén

A Asociación de Mulleres Rurais de Muras organiza un curso de talla de madeira que se desenvolverá desde o 16 de outubro ata o 28 de maio de 2027.
As sesións terán lugar os luns e venres, en horario de 20.00 a 22.30 horas, no local social de Muras. A actividade está pensada para achegar as participantes ao traballo artesanal da madeira e permitirlles adquirir coñecementos e habilidades nesta disciplina.
As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse poden contactar con Fina no teléfono 649 006 444.