Muras acolle un obradoiro interxeracional de Nadal organizado por Afalu

TerraChaXa
Os participantes poderán crear postais e adornos de Nadal para levar ás súas casas ou para agasallar
obradoiro-nadal-muras
19 Dec 2024

O Concello de Muras repetirá este ano o Obradoiro Interxeracional de Nadal, en colaboración con Afalu Alzheimer. A actividade terá lugar o próximo luns, 23 de decembro, ás 17:00 horas, na Biblioteca Municipal de Muras.

Durante o obradoiro, os participantes poderán crear postais e adornos de Nadal para levar ás súas casas ou para agasallar. A iniciativa busca fomentar a convivencia entre xeracións, promovendo a creatividade e o espírito festivo.

A actividade está aberta a toda a veciñanza, con idades comprendidas entre 0 e 150 anos, segundo destacaron con humor os organizadores.

O Concello anima a toda a poboación a inscribirse e participar nunha xornada que combina diversión, aprendizaxe e o espírito comunitario propio destas datas.

0.17021298408508