Muras acolle unha quedada ecuestre este sábado

TerraChaXa
O Concello de Muras e Puraga organizan este sábado a terceira Quedada do Cabalo Marchador Galego o sábado 27.
iii quedada cabalo marchador galego puraga muras portada
iii quedada cabalo marchador galego puraga muras portada
24 Ago 2022

O Concello de Muras e a Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) organizan este sábado a terceira Quedada do Cabalo Marchador Galego.

Esta terá lugar o sábado 27 de setembro a partir das 16.00 horas, cando se dará oficial a un roteiro polo montes da localidade, facendo unha parada na metade do camiño para tomar uns petiscos.

Aínda así, xa dende as 12.00 horas, os veterinarios de Puraga estarán en muras por si qeudou algún animal sen rexistrar.

O roteiro rematará ás 18.00 horas cando darán comezo as carreiras amistosas, que se dividirán en dúas categorías, serrada e chapeada con 5 trofeos en cada unha delas.

A entrega de premios será ás 21.00 horas durante a cea que se desenvolverá no local social de Muras. As persoas que desexen participar deberán abonar 25 euros e reservar antes do día 25.

iii quedada cabalos marchador galego puraga muras
0.18881106376648