Muras acollerá a VII sesión do congreso de fotografía esta semana

TerraChaXa
O congreso, que se desenvolverá do 4 ao 6 de xullo no Mosteiro de Santa Catalina en Ares, levará a cabo a primeira xornada na localidade
congreso-fotografia-muras
Cartel
2 Jul 2024

O Congreso de fotografía de longa exposición de Ares (LEA VI), que veu organizando a Asociación Fotógrafa Ferrolterra regresa este 2024 a Muras.

O colectivo pon en marcha este ano a sétima edición dun congreso no que participarán expertos en fotografía como Juan Manuel García, Drew Korme, Soraya Sampedro, Juan Vicente Ledesma, Pedro Pérez, Xandra Lunar e Hannu Huhtamo.

O congreso, que se desenvolverá do 4 ao 6 de xullo no Mosteiro de Santa Catalina en Ares, levará a cabo a primeira xornada en Muras, unha das zonas starlight na que a asociación desenvolve moitas das actividades de astrofotografía.

Juan Manuel García protagonizán unha master class de fotografía ademais dunha exposición de astrofotografía que se poderá visitar na casa do médico. A sesión, que se desenvolverá durante a noite, leva incluída unha acampada libre e gratuíta no cámping de caravanas.

Os días 5 e 6 será o mosteiro aresano situado en Montefaro o lugar no que tamén estarán os relatores que achegarán aos asistentes ás técnicas de astrofotografía, Lightpainting e Darklight.

0.16577792167664