Muras cambia de data e adianta o cargadoiro para a venda de poldros para recría ao 11 de decembro

TerraChaXa
Todos os animais deberán estar debidamente identificados e contar coa documentación regulamentaria para poder participar na operación
cargadoiro-muras
29 Nov 2026

O Concello de Muras habilitará finalmente o vindeiro venres 11 de decembro, en horario de mañá, un cargador no recinto habitual da Feira do Poldro, na Gañidoira, para facilitar a venda de animais destinados á recría. Adianta así un día a data anteriormente sinalada.

A iniciativa enmárcase nas actividades do programa municipal da Marca Muras e conta coa colaboración da Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, que participará na organización desta actividade dirixida aos veciños interesados na venda de poldros para recría.

Segundo recolle o bando municipal, todos os animais deberán estar debidamente identificados e contar coa documentación regulamentaria para poder participar na operación.

O Concello, presidido polo alcalde Manuel Requeijo Arnejo, fai pública esta convocatoria para xeral coñecemento das persoas interesadas.

Para resolver dúbidas ou evitar posibles problemas loxísticos, a organización facilita o teléfono de contacto 629 678 033.

0.51575994491577