Muras celebra o 8M cunha obra de teatro no colexio

TerraChaXa
Este venres, 8 de marzo, Día da Muller, o grupo Teatro Ghazafelhos achegarase ata o CEIP Antía Cal de Muras para a representación da obra A caixa sen Pandora.
teatro 8m muras portada
teatro 8m muras portada
7 Mar 2024

Este venres, 8 de marzo, Día da Muller, o grupo Teatro Ghazafelhos achegarase ata o CEIP Antía Cal de Muras para a representación da obra A caixa sen Pandora.

A cita é ás 10:30 no colexio e esta obra fai un repaso divertido pola vida de mulleres -moitas delas galegas- que abriron a súa propia caixa como Hipatia, Marie Curie, Ángeles Alvariño, Hedy Lamarr ou Antonia Ferrin, pero haberá máis moitas máis.

Esta actividade, dirixida a público familiar de máis de 5 anos, está financiada con cargo aos créditos do Ministerio de Igualdade.

0.17672991752625