Muras celebra o sábado o Día da Muller con deporte e cine

TerraChaXa
O Concello de Muras celebrará o sábado 7 de marzo o Día Internacional de Muller cunha tarde en feminino.
muller muras
4 Mar 2020

O Concello de Muras celebrará o sábado 7 de marzo o Día Internacional de Muller cunha tarde en feminino.

Así, ás 16.30 horas haberá unha sesión de deporte en feminino que consistirá en tiro con arco, a cargo das deportistas Gema Buitrón e Cristina Castro. Terá lugar na área recreativa da Veiga co grupo Silex das Pontes na organización.

O segundo acto da xornada reivindicativa será a proxección do documental A Palabra xusta, de Antía Cal. A proxección terá lugar no local social do Concello.

Estas actividades están organizadas en colaboración coa asociación Mulleres Rurais de Muras.

0.18071603775024