Muras celebra unha nova xornada de observación astronómica na noite do 10

TerraChaXa
Estará dedicada especialmente á choiva de Perseídas
noite-observacion-perseidas-ceos-muras
4 Ago 2024

A Sociedade Galega de Historia Natural e a Asociación Fotografa Ferrolterra organizan en Muras unha nova noite gratuíta de observación astronómica para familias na noite do 10 ao 11 de agosto, con acampada incluída se se desexa para ver as Perseidas.

O lugar elixido é un emprazamento único en Galicia, xa que o ceo desta localidade lucense conta co distintivo de Destino Turístico Starlight polos seus baixos niveis de contaminación lumínica.

A sesión comezará ás 220:30 horas coa contemplación dos ceos, especialmente sobre a choiva de Perseidas.

Aquelas nenos e nenas, acompañados polos seus proxenitores, que desexen pernoitar no lugar poderán facelo baixo a súa responsabilidade e organización xa que o colexio estará pechado e no hai baños.

0.091943025588989