Muras coloca sinais de madeira nas súas estradas

TerraChaXa
O Concello de Muras luce novos sinais de entrada. Nos últimos días colocáronse un total de 140 novos elementos informativos de situación.
sinais estradas muras
5 Abr 2021

O Concello de Muras luce novos sinais de entrada. Nos últimos días colocáronse un total de 140 novos elementos informativos de situación nas estradas do Concello chairego para indica o barrio ou mesmo a localidade na que se entra.

Os indicadores son de madeira e teñen un gran tamaño, foron seregrafiados e contan con diferentes cores, elaborados  nun taller de emprego de carpintería.

Esta cartelería xa levaba tempo feita e conta co nome do Concello, o seu logo e como máis destacado o nome do lugar que se visita. Polo de pronto quedan moitos lugares por sinalizar, xa que están estimados un 600 pero se escolleron en primeiro lugar aqueles que teñen polo menos un veciño empadroado. Nos lugares máis grandes instaláronse dous, un á entrada e outro á saída.

O proxecto terá continuidade no futuro, xa que continúa o taller de emprego compartido cos municipios do Vicedo e Ourol, que iniciou o que se prolongará dunante nove meses. Nel, están a traballar nun taller de carpintería de novo con dous alumnos, que están a traballar na confección dos novos sinais que se seguirán instalando.

0.1524019241333