Muras coloca un contedor de roupa usada no centro de saúde
TerraChaXa
O Concello de Muras instalou un contedor de roupa usada para atender ao termo municipal trala firma dun convenio de colaboración con Koopera Servizos Ambientais e
29 Out 2020
O Concello de Muras instalou un contedor de roupa usada para atender ao termo municipal trala firma dun convenio de colaboración con Koopera Servizos Ambientais e Cáritas diocesana de Mondoñedo-Ferrol. O colector xa está colocado ao lado do Centro de Saúde local para que veciñas e veciños que así o desexen depositen a roupa que non usen, no canto de tirala ao lixo común. Esta operación pode facerse ao longo de todo o día xa que no hai limitación horaria.
O proxecto de Cáritas abarca toda a península e chámase Moda-Re. Hai 3 cooperativas que corresponden ás tres plantas de separación e reciclaxe da roupa e a rede de tendas solidarias, así como todas as Cáritas diocesanas.